Roza manual ou mecanizada: cal convén na túa finca
Non todas as fincas se rozan igual. Escoller ben entre traballo manual, mecanizado ou unha combinación dos dous marca a diferenza no resultado, no tempo e no custo. Estes son os factores que temos en conta.
Roza mecanizada
Faise con tractor e desbrozadora de cadeas ou de martelos, ou con brazo desbrozador en cunetas e noiros. É a opción máis rápida e económica en superficies grandes.
- Ideal en terreos con pouca pendente e bo acceso para a maquinaria.
- Tritura o mato e déixao sobre o terreo, o que protexe o solo.
- Rende moito en fincas abertas, devasas e pistas.
Roza manual
Faise con rozadoira, por operarios con equipo de protección. É máis lenta, pero chega onde a máquina non pode.
- Pendentes fortes, zonas rochosas ou con muros.
- Arredor de árbores, plantacións novas ou elementos que hai que respectar.
- Fincas pequenas ou sen acceso para o tractor.
O máis habitual: combinar os dous
Na maioría das fincas galegas hai de todo: unha parte chá onde entra o tractor e bordos, muros ou zonas de pedra que hai que repasar a man. Combinar ambos os métodos permite facer o traballo ben e ao mellor prezo.
Que inflúe no orzamento
- Superficie e forma da finca.
- Altura e densidade da vexetación (non é o mesmo herba que toxo de varios anos).
- Pendente, pedras e accesos.
- Se hai que retirar ou triturar restos.
- Distancia e se se agrupan varias fincas no mesmo traballo.
Non sabes que necesita a túa finca?
Cóntanos onde está e como é, e recomendámosche o método máis axeitado cun orzamento sen compromiso.
